viernes, 2 de septiembre de 2011

Festival Metamovida: tremenda movida, tremenda liada.

Este festival que xorde na cidade viguesa grazas á colaboración entre as promotoras Oiga! e Lemur (que xa trouxo nalgunha ocasión con anterioridade á cidade a alguna destas formacións) ofrece na súa primeira edición un cartel de luxo con algunha das bandas estatais máis atraíntes nos últimos tempos en canto a sóns á marxe do convencional, como Za! e Betunizer, que estarán xunto ós gaditanos Glazz e os vigueses Cro! e DJ Electroparia.

Os cataláns Za! traerán mil cousas na mochila, e con elas e os seus propios corpos e gorxas presentarán os temas do seu recente Megaflow (Acuarela, 2011), co que seguen medrando na súa particular mestura de sons polirrítmicos universais. Shake, rock, stomp, clap, hop, scream, non hai verbas cando se trata deles. Con media Europa percorrida, Spazzfrica Ehd e Papa Dupau sempre monumentais en directo.

Os valencianos Betunizer pola súa banda veñen co seu aclamado Quien Nace Para Morir Ahorcado Nunca Morirá Ahogado (BCore, 2010) e outros temas novos que formarán parte do Boogalizer que grabarán en breve. Andarán tamén nun mes por terras gabachas dando unha serie de recitais nos que de seguro reclutarán novos fans para a súa armada defensora do hardcore ruidista. Aquí queda moi ben explicado:

Os gaditanos Glazz có seu flamenco progresivo do máis luminoso chegan tamén despois de pasar por varios festivais internacionais de jazz e que poden ser a revelación. Tamén en breve andarán por Xordania e o Líbano, ampliando fronteiras. Como locais, Cro! coa súa psicodelia atemporal e DJ Electroparia coas súas seleccións de feroces sons eléctricos e electrónicos completarán a xornada do sábado 3 de setembro.
Será na Sala Mondo ás 21 horas e os tickets están a 12 euros en taquilla e a 10 anticipada en Honky Tonk Discos.

No hay comentarios: