viernes, 2 de septiembre de 2011

Festa Temazo en Vigo

O colectivo compostelán Temazo ofrece este sábado no Alma Bar unha noite especial na que se presentarán dúas das súas formacións máis activas.
Malandrómeda visitarán de novo a cidade olívica para facer suar e bailar coma sempre a tódolos asistentes coa electrónica astral de Caldeirada e os fraseos do inigualable Hevi, un dos mellores MCs do estado? Non, o mellor. Chegan tras varios meses nos que non paran e cun rodadísimo directo do máis demoledor no que veñen presentando os temas do seu 12’’ homónimo e os dos seus singles anteriores coa súa espectacularidade característica.
Juanito Broders presentarán a súa última colección de temas chamada Los Colegas Paletos (que podes descargar aquí), no que amplían o seu són cara a unha vertente máis profunda, deixando un pouco de lado o seu galletón (adaptación do reguetón á particularidade autóctona) que viña sendo característico do seu són nos últimos tempos.
Facemos agora un breve repaso pola historia de Juanito Broders cunha serie de vídeos que falan po si mesmos do bo facer de Iagoso e cía. Comezando por este impagabilísimo Pornoyate que un día hai moitos anos unha colega me pasou nun cd-rom con mil trapalladas no que metera este vídeo duns colegas seus, grazas Mónica. Eran eles e fíxenme fan total ó instante, quen non?:

Despois coñecemos este no que de novo parten con todo:

Aquí cun estilo xa totalmente depurado:

E agora cun maior trasfondo social, pero sen deixar nunca de vacilar coma ninguén.

Se non puideches parar de mover distintas partes do corpo nos últimos minutos poderás disfrutar dun dobrete de luxo do hip hop galego este sábado 3 de setembro, como remate Bigote Mix (aka Hevi) poñeráse ós pratos para un fin de festa que promete ser descomunal. Comezará todo ás 23 horas no Alma Bar (Rúa Poboadores, nº 9), a entrada son 5 euros, rite ti da SGAE.

No hay comentarios: