jueves, 4 de agosto de 2011

Minixira galega de FLUZO

O dúo formado por Hevi e Javi Álvarez ofrecerá tres recitais estes vindeiros días por terras galegas. A formación que cada día acada máis e máis eloxios co seu directo segue a presentar o seu maravilloso maxi 12'' no que se inclúen temas como este xa clásico Cheiras Funky.

Estarán nas seguintes datas nos seguintes lugares:
-Xoves 4 de Agosto, Liceo Mutante, Pontevedra.
-Venres 5 de Agosto, San Domingos de Bonabal, Santiago.
-Sábado 6 de Agosto, Alma 2.0, Vigo.

Para que non se che faga longa a espera e posto que os vídeos destes mozos son a bomba, aquí vai outro, Polaroids:

Vémonos fluzeando!!

No hay comentarios: