martes, 9 de agosto de 2011

Metralletas Lecheras on tour

Os composteláns Metralletas Lecheras inician estes días unha serie de concertos que os fará percorrer varias parroquias de toda Galicia, se hai un par de semanas actuaban no Parrilla Rock en terras astures, agora preparan esta serie de actuacións coas que seguir presentando esa maravilla chamada "Melodías para romanos" (pódelo descargar aquí).
Pasarán, entre outros lugares, por Vigo, onde estaremos montando un sarao con eles e con Fantasmage alá para o 9 de Setembro. Aquí vos deixamos as datas todas:
Xoves 11 Agosto - A Coruña (14!) + Mano de Obra
Sábado 13 Agosto - Chantada - FICH
Sábado 27 Agosto - O Grove (El Imperfecto Pub) + Telephones Rouges
Venres 9 Setembro - Vigo (La Iguana Club) + Fantasmage

Non volos perdades!

No hay comentarios: