martes, 26 de julio de 2011

Telephones Rouges: A liña quente do Grove

Hai unhas semanas que os Telephones Rouges presentaron o vídeo do seu tema Helio, do Radio Control EP, editado nun 10'' este mesmo ano no selo Mama Vinyla.

O vídeo foi dirixido por Javi Camino e supón outro paso máis para o conxunto do Grove na traxectoria que están a levar este ano: maior cantidade de concertos, inmellorable resposta do público, publicación do EP, críticas excelentes tanto por aquí como no estranxeiro... non paran. Aquí tedes o vídeo:

Telephones Rouges - Helio (Javi Camino) from Magnetova Entertainment on Vimeo.

Se queres escoitar o disco (con artwork de Andrés Magán, Santi Zubizarreta e Rubén Domínguez) ou descargalo de balde, podes facelo aquí:
http://telephonesrouges.bandcamp.com/album/radiocontrol-ep
Se queres mercalo tamén tés opción
Podes dar unha volta polo seu espacio tranquilo que non has quedar sen cobertura.

No hay comentarios: