viernes, 29 de julio de 2011

Magnetova: imaxes para o ruído galego

Dende hai un tempo a esta parte varios son os videoclips dalgunhas das más interesantes bandas galegas con querencia polo rock ruidoso que veñen asinados pola mesma persoa, Javi Camino, que co seu traballo á fronte da productora audiovisual Magnetova Entertainment está a non descansar nada debido ó seu traballo nos diversos proxectos nos que se embarca, e é que ademáis da creación de vídeoclips tamén inclúe proxectos vencellados ó cine de xénero, como son curtas, documentais, producción de programas para a rede, montaxes diversas, collages visuais e mil cousas máis. Aquí tedes, por se non vos enterastes, o vídeo Helio para Telephones Rouges que xa vos deixamos aquí abaixo hai uns días, outras das súas obras vídeomusicais:

SraSrSra - "Comebolsas" (Videoclip)


Triángulo de Amor Bizarro - Amigos del género humano (videoclip oficial)


Franc3s - "Nuestra fe en el veneno" (videoclip)


Recomendamos abrir ben os ollos e subir o volume a tope!!

No hay comentarios: