Neste momento andan tamén a rematar de perfilar os temas que incluirán no su primeiro lanzamento en vinilo, do que xa vos falaremos máis adiante.Polo momento son tres as datas que vos adiantamos. Se pasan preto da vosa casa non deixedes de ir velos, porque ademáis estarán acompañados por algunhas das formacións incipientes máis apetecibles agora mesmo en Galicia (os grovenses Lobishome e os ourensáns Haecceidad que están a presentar as súas respectivas propostas cargadas de intensidade sonora, así como a dos coruñeses Disco Las Palmeras! que dende hai un tempo non paran de viaxar levando o seu són a cada recuncho do estado). Velaquí as datas completas:
Fantasmage + Lobishome
Venres 18 de Novembro
O Grove: Pub O Imperfecto (Jaime Solá, 9)
4€ (Consumición incluída)

Fantasmage + Disco Las Palmeras
Xoves 24 de novembro. 22:00 h.
Santiago de Compostela: Sala Moon
Fantasmage + Haecceidad
Venres 25 de novembro. 21:00 h.
Pontevedra: Liceo Mutante
4 euros
No hay comentarios:
Publicar un comentario