sábado, 10 de noviembre de 2012

Father Murphy no Bar Labranza



As casualidades son maravillosas, e as que xorden no último momento aínda máis, unha delas fai que mañá estea pisando terras galegas esta formación italiana que de seguro fará as delicias dos amantes don sons máis arriscados. Father Murphy son un trío que practica unha música de difícil definición, unha aproximación podería ser a que eles mesmos aportan “psychedelic slow tempo rock doom” e que tén puntos en común con outras formacións contemporáneas como Liars, This Heat ou Jennifer Gentle
Teñen compartido escenario en Estados Unidos con xente como Deerhoof ou Xiu Xiu e son unha das bandas máis admirada neste momento por Michael Gira.
Veñen presentar o seu cuarto disco “Anyway, your children will deny it” (que podedes escoitar aquí), cheo de sonoridades intensas e cancións case holográficas que revelan novos detalles tras cada nova escoita. Do lirismo escuro de Scott Walker á marcialidade dos Swans e da liturxia de Current 93 ao misticismo urbano da Velvet Underground
Estes tres italianos que aseguran ser descendentes do Reverendo Murphy son unha delicia para os oídos máis intrépidos. Se o queres comprobar, terás a oportunidade no Bar Labranza mañá domingo 11 de novembro ás 22:00 h e có módico prezo de 5 €.

No hay comentarios: