Lugo é unha cidade cunha muralla romana,
isto sábeo todo o mundo. De alí veñen Mullet, que son tres rapaces que se
xuntaron para pasalo ben e esquecer que viven atrapados nela.
Burger, Bragochas
e El Ano van a cabalo da liberdade creativa, sen rixideces, picando na no wave,
no punk funk, na new wave, versionando a Rafaella Carrá e á Pantoja ou falando
de rabos, curas e Marichalar, cun humor tan negro coma o ollo do cú.
Sete temas grabados por Roberto Mallo e outro en Abrigueiro completan este “Salmonete” con portada ilustrada por Wences Lamas, en definitiva, un verdadeiro cuarto escuro de xubilosidade. Pódelo escoitar aquí.
Ademáis inclúese unha composición súa no vindeiro Galician Bizarre II.
Sete temas grabados por Roberto Mallo e outro en Abrigueiro completan este “Salmonete” con portada ilustrada por Wences Lamas, en definitiva, un verdadeiro cuarto escuro de xubilosidade. Pódelo escoitar aquí.
Ademáis inclúese unha composición súa no vindeiro Galician Bizarre II.
P: Pola vosa música vese que sodes unha
banda con influencias moi diversas, pero conseguides unilas baixo unha maraña
melódica (sen ser un grupo de pop convencional) que fai que o resultado sexa
moi apetecible. ¿Qué idea tiñades cando vos xuntastes?
R: Tiñamos moito tempo libre que nos
deixaba a nosa principal ocupación: a desidia. Por iso pensamos que era mellor
idea ser o mellor grupo do mundo, e non ser tres gañáns marxináis. Mellor
repartir desidia que vivir nela.
P: Cal é o voso xeito de traballar as
composicións?
R: Anárquico e espontáneo. Ter un método
é de perdedores. Un caga cando lle sae, non cando quere. Podemos facer oito
cancións nun día ou unha en oito meses…A musa da inspiración é unha maldita
rameira.
P: Cómo foi a grabación destas
composicións, deixástesvos influir por ideas externas?
R: Ideas externas? Existen as ideas fóra
de Mullet? Digamos que respectamos que a xente teña ideas. En canto á
grabación: guai, fixo sol e comemos no noso restaurán favorito.
P: Qué discos ou artistas considerariades
como básicos para vós?
R: Rafaella
Carrá, Ace of Base, Sonic Youth, Lola Flores e Nusrat Fateh Ali Kahn.
P: Utilizades un humor bastante salvaxe que pasado polo voso filtro
de “musicón” (quero decir, música de alto nivel creativo) pasa un tanto
desapercibido. Qué papel xoga o humor na vosa filosofía de grupo?
R: Non temos sentido do humor, o que pasa
é que a xente malinterprétanos. Ou sexa que si. Cál era a pregunta?
P: Como valorades o momento que se vive
agora na música feita en Galicia?
R: En dólares? Non saberíamos calcular,
pero moito mellor que antes de Mullet. Bueno, algún máis por aí hai, eh!
P: Que pasa en Lugo que nos últimos
tempos, según as novas que de alí veñen iso parece Sodoma e Gomorra? (ainda que
ó voso alcalde non lle gusta nada isto, e menos o de parecerse a Sicilia)
R: Respectamos a este alcalde só por ser
unha mestura perfecta entre curuxa e koala. Polo resto, non.
P: Que vos di a frase “e para comer
Lugo”?
R: Que se tivesemos máis cartos
estaríamos como queixos de bola. Desgraciadamente temos uns corpos estupendos!
P: Estades metidos noutros proxectos,
podedes falarnos un pouco deles?
R: Bragochas, Burger e máis El Ano
naceron, viven e morrerán en Mullet. Otra cousa son os monicreques que están detrás.
P: E por último (pero sen usar unha bola
de cristal), como vedes o futuro para Mullet, que plans tedes?
R: Somos máis de reaccionar que de planificar,
pero supoñemos que pronto teremos que liderar un plan para reconquistar o país.
Pódelos ver en directo o vindeiro sábado 26 de Maio no Liceo Mutante
(Pontevedra) con Sr. Anido.