Ola amigas e amigos, o día 25 de abril de 2011 iniciamos este apartado na galaxia, o tempo pasa e para celebrar o ano que cumprimos temos preparado un dobre cartel para que gocedes ben. Nada máis e nada menos que Malandrómeda e Fasenuova estarán connosco o próximo día sábado 12 de Maio na Sala Playmóvil de Vigo ofrecendo senllos recitais nun dobre cartel que nos enche de orgullo (e satisfacción, si, señor). Aquí tedes o cartel, obra doutro artistazo como Andrés Magán:
Pois iso, que se algunha vez fostes a algún dos concertos que montamos
ou se algunha vez lestes as cousas que por aquí poñemos, esperamos que
tanto a vosa mente coma o voso espírito se enriquecesen. Iso é o que
pretendemos. Tamén queremos dar as grazas a todos os que nos botaron
unha manciña, ou as dúas (e non ao pescozo precisamente), sempre de
xeito totalmente desinteresado. Tampouco nos move a fama nin os cartos.
Pois iso, coa man sobre o peito (concretamente sobre a "pataca"), moitas
grazas!! Sen máis. Alí vos esperámos. Unha grande aperta a todos!!!!
Aquí debaixo tedes os detalles do festín:
FASENUOVA + MALANDRÓMEDA
Sala Playmovil (Antigo Vademecwm) - Vigo
Sábado 12 de maio
23:00 h.
Entrada: 6 €
MALANDRÓMEDA levan xa seis anos
publicando as súas creacións en varios 7'', 10'' e 12'' nos que Hevi (o
mellor MC do estado?) esculpe rimas cheas de loucura que mesturan o autóctono e
o universal sobre vellos beats porcallentos aos que Caldeirada mete mán por
diante e por detrás. Atrévense con todo con tal de menea-la mente do
espectador, churrasco sonoro con rocanrol, cumbia atlética, métrica canalla e
experimental, unha festa malandrómica chea de graves e delay.
FASENUOVA pola súa banda nacen coma unha
evolución natural doutras formacións anteriores nas que Ernesto Avelino e
Roberto Lobo liberaban as súas paixóns polo ruido, a retroalimentación e os
sóns industriais. O seu aclamado “A la quinta hoguera” (Discos Humeantes, 2011)
supuxo a culminación a toda esta traxectoria, unha alegoría dos misterios da
vida, do amor, a morte e a linguaxe que conectan ó ser humano có descoñecido,
coma se dun libro de poemas se tratase, xograresco e industrial ó mesmo tempo.
Pop con espiñas perfecto para desatar os instintos máis primitivos de calquera
mente. Ninguén colocara antes o ruido nun lugar tan carnoso, coma se do más
puro rock’n’roll se tratase.
Después
de poco más de un año de existencia, el dúo vigués Fantasmage,formado por Nico (voz
y batería) y Andrés (guitarra y voz, también autor de la portada), procedentes
de Indómitos y Anenome, publica su elepé de debut para Discos Humeantes.
Registrado en los estudios de Manu Sanz en la localidad pontevedresa de Tomiño,
se trata de uno de los estrenos más esperados en los últimos tiempos dentro del
subsuelo patrio, gracias al revuelo que han provocado sus actuaciones y, sobre
todo, a unas canciones que se adhieren a la piel del oyente desde el primer
contacto.
Doce
composiciones de gran pegada que casi siempre rondan los dos minutos y en las
que se aprecia un halo de ritual, de jóvenes jugando con la güija, o el posible
trayecto de un alucinado y apresurado viaje por su particular barrio, lleno de
perturbaciones, con ambiente de humo, perros abandonados y plagado de ejemplos
de vidas truncadas según la óptica de las buenas costumbres.
Tomando
elementos del garage, el punk, el low-fi, la nueva ola y el noise o pescando en
las aguas revueltas de la serie b recrean escenas cercanas al cómic o con aire
de pesadilla adolescente, con persecuciones, happenings violentos, seres de
otro mundo y momentos de alta tensión, desquiciantes y paranoides.
Así,
tendiendo puentes entre Los Brincos y Oblivians, la perfecta melodía de corazón
pop bañada en una salsa preparada a base de crudeza, energía y fiereza (algo
que les puede emparentar con bandas como The Oh Sees), consiguen enganchar al
oyente gracias a un perfecto equilibrio entre luminosidad y aspereza que logran
también en sus momentos más templados con sabrosos caramelos perturbadores que
derriten el cerebro. No faltan tampoco los ritmos trepidantes, las guitarras
desbocadas o breves pero dinámicos desarrollos que terminan de dar forma a este
mordaz y corrosivo comicbook que hace que el oyente caiga en las redes del amor
por el despojo y la morralla, el mismo que profesan Fantasmage y ante el que nada
ni nadie puede enfrentarse, no conseguirán detenerlos ni un ejército completo
de supernannies y hermanos mayores.
Hay formaciones que uno las adora en cuanto las conoce,
Crash Normal son una de ellas, te caen bien desde el primer momento, tienen ese
punto ideal a medio camino entre el desquicio y el calambre eléctrico. El año
pasado visitaron España por primera vez y en esta ocasión vuelven con una gira
más extensa que les traerá también hasta Galicia acompañados de Descente d’Organes.
Unos traen su trash-garage, los otros sus baladas chatarreras. Estarán el próximo miércoles 18 de abril en el Bar Labranza de Bueu y el
viernes 20 en La Radio de Santiago de Compostela.
CRASH NORMAL (Fr / Paris) - Low-fi Electro-Garage
Crash Normal es un dúo que se mueve entre el garage-punk y el electro-trash.
Estos tíos consiguen que su sonido de riffs navajeros caiga como lluvia dorada sobre el público. Lucha de ecos y reverbs con una caja
de ritmos, mucho fuzz, bajas frecuencias que se deslizan a tu alrededor como
una serpiente, dos guitarras que inundan el ambiente y una batería real que
gana la batalla en un duelo final sobre la caja de ritmos. Pero si parece la
Royal Rumble!!
Han girado por todo el mundo con artistazos del
calibre de Alan Vega, Crystal Stilts, Ty Segall, The Spits, Kid Congo, Davila
666, BBQ o Sic Alps. Y por si fuera poco, varios de los sellos más guapos del
mundo (Born Bad, Kill Shaman o S-srecords) les han publicado sus artefactos. Vienen
a presentar su nuevo disco Your Body Got A Land (Kill Shaman, 2012) y prometen
dejar a todos con una espiral en la mirada, lo peor es que cumplen lo dicho.
DIY post-punk, roboto-rock'n'roll, electro-garage,... Macerado en barrica
durante durante más de 10 años. Primitivismo y futurismo al alcance de la
zarpa. Puedes escucharlos pinchando aquí.
DESCENTE D'ORGANES Descente d'Organes es el proyecto paralelo de
Etienne (Crash Normal / Teenage Moonlight Borderliner / White Ass) y Emile (The
Pupils, zyklon beach). ¿Murder ballads o canciones pegadizas para la boda
de tu hermana? Estos tipos nunca llegaron a crecer pero hace mucho que han
entendido cómo se las gastan los mayores! Como si una lluvia ácida cayera sobre una pareja de jóvenes apasionados viviendo sus primeros romances.
Despois de ter conseguido ser un dos máis importantes
altofalantes do underground galaico nos últimos tempos e que serviu de
conexión entre distintas bandas espalladas pola nosa xeografía, o que ten
axudado (e moito) a dar un maior sentimento de colectivo e de traballo común
entre tódolos participantes nel, atopámonos con que o recompilatorio Galician
Bizarre (2010) terá continuidade cunha segunda entrega na que se presentarán 18
novas bandas a engadir ás outras 15 que aparecían no primeiro disco. Nesta ocasión
pódese apreciar unha maios amplitude de sons, o que engade un novo atractivo
a este artefacto.
Na primeira colección aparecían nomes consagrados na escena
(coma Indómitos ou Novedades Carminha) e outros que se teñen ido confirmando
durante este tempo coma grandes realidades (Telephones Rouges, Metralletas Lecheras ou SraSrSra)
xunto a outras que tamén participaron activamente en varias das actuacións que
se teñen levado a cabo por toda a nosa comunidade e tamén fóra dela, sobre todo
en Madrid, xerando un intercambio con formacións semellantes (en canto a espírito) do resto do
estado que fixo que se falase dun novo movemento musical en Galicia máis alá
do noso territorio.
Isto ten provocado que o son das novas bandas galegas chegue con máis forza ós de fóra e así teñen sido varias as discográficas interesadas por estes artistas para plastificar as súas composicións. Desta maneira, entre outros, temos a Metralletas
Lecheras cún EP na madrileña Bowery Records, Telephones Rouges xa con dúas
referencias na catalana Mama Vynila, SraSrSra que estrearán disco en breve con
Discoteca Oceano (editora de El Guincho) ou Novedades Carminha quen con xa tres
discos pódese dicir que son a cabeza máis visible do movemento. Pero sobre todo o triunfo desta proposta foi que estableceu comunicación entre os propios artistas, o que tén levado tamén unha sinerxia nas catro provincias có movemento xerado nelas.
Neste novo volume podemos atopar a Fantasmage, que están a presentar o seu primeiro LP na asturiana Discos Humeantes (que ten publicado a bandas tan
importantes coma Fasenuova, Chiquita y Chatarra ou Juanita y Los Feos) ou Fluzo
(que xa contan cun gran número de seguidores en toda España e cun 10’’ no seu
haber). Xunto a eles, Carrero Bianco,
Mano de Obra ou Los Televisores (procedentes dos extintos e maravillosos Le Cül) son
algunhas das formacións con máis percorrido e que xa teñen quilómetros ás súas
costas, tamén temos á figura máis relevante no noso underground, Sr. Anido, ou
ós novísimos e moi prometedores Christ Divides e Wild Balbina. Mullet, Trajano!
ou Lobishome son tamén das bandas que máis expectación teñen
espertado coas súas primeiras composicións.
Como vemos, non é en balde o traballo que se ten
desenvolvido tras esta aparente “bizarrada” e aínda que nun principio non foron
moitos os medios que lle prestaron a atención necesaria, có paso do tempo e
ante a imposibilidade de nega-la evidencia, finalmente teñen caído nas redes
deste son carente de prexuízos e de carácter librepensador. Agora, chegado o
momento de financiar esta segunda aventura e aproveitando as novas tecnoloxías,
prepárase este segundo disco (que se publicará en vinilo, igual que o primeiro)
con achegas dos seguidores (sempre obtendo recompensa a cambio) por medio do sistema de crowdfunding.
Portada do Galician Bizarre II, obra de Andrés Magán, Mar Catarina e Rubén Dominguez
Alarido Mongólico, Carrero Bianco, Christ Divides, Fantasmage, Fluzo, Lobishome, Los Televisores, Los Thyssen, Mano De Obra, Mullet, Pastillas Mamut, QVEK, Sr. Anido, Terbutalina, Tetra & Freek, Tora Tora Tora!, Trajano! e Wild Balbina serán as bandas que dean forma a esta segunda mostra, de novo con temas inéditos por parte de cada unha delas. Dende aquí non podemos por menos que animar a todos aqueles
que queiran botar unha man a que as nosas formacións podan ter unha maior
difusión tanto dentro coma fóra das nosas fronteiras picando no seguinte link que xa leva activo varios días, o prazo remata o 14 de maio. Ahí tamén poderedes obter unha información moito máis detallada e completa sobre este proxecto. Moitísima sorte a tódolos participantes!