lunes, 14 de noviembre de 2011

Fantasmage on the road

A banda viguesa Fantasmage é unha das formacións que máis está dando que falar polo noroeste ibérico e que máis paixóns veñen levantando nesta segunda metade do 2011. Veñen de anunciar unha nova serie de concertos que os levará a percorrer varias localidades galegas. O dúo rexistrou en xuño catro cancións para a súa demo de presentación e xa compartiu escenario con formacións como os portorriqueños Los Vigilantes ou Davila 666 nunhas actuacións que sorprenderon ós asistentes pola contundencia do seu són e a orixinalidade da súa proposta nunha espléndida asimilación de influencias cun resultado final sorprendente e persoal.

Neste momento andan tamén a rematar de perfilar os temas que incluirán no su primeiro lanzamento en vinilo, do que xa vos falaremos máis adiante.

Polo momento son tres as datas que vos adiantamos. Se pasan preto da vosa casa non deixedes de ir velos, porque ademáis estarán acompañados por algunhas das formacións incipientes máis apetecibles agora mesmo en Galicia (os grovenses Lobishome e os ourensáns Haecceidad que están a presentar as súas respectivas propostas cargadas de intensidade sonora, así como a dos coruñeses Disco Las Palmeras! que dende hai un tempo non paran de viaxar levando o seu són a cada recuncho do estado). Velaquí as datas completas:

Fantasmage + Lobishome
Venres 18 de Novembro
O Grove: Pub O Imperfecto (Jaime Solá, 9)
4€ (Consumición incluída)



 Fantasmage + Disco Las Palmeras
Xoves 24 de novembro. 22:00 h.
Santiago de Compostela: Sala Moon


Fantasmage + Haecceidad
Venres 25 de novembro. 21:00 h.
Pontevedra: Liceo Mutante
4 euros

No hay comentarios: