sábado, 8 de octubre de 2011

Zachary Cale en Ourense e Bueu


O artista folk Zachary Cale visita esta fin de semana a nosa comunidade para ofrecer dous recitais dentro da xira que o está levando a percorrer toda a península.

O artista de Louisiana vén presentando o seu maravilloso terceiro disco "Noise of Welcome" (All Hands Electric, 2011) no que a súa voz recebe o delicado e preciosista acompañamento dos múltiples arranxos da banda que o acompañou na grabación do mesmo, entre os que se inclúe Chris Brokaw, no que vén a ser un notabilísimo salto na súa carreira, acadando un traballo que o sitúa á altura dos mellores do xénero. Aquí podedes escoitar un par dos temas que o compoñen:


Será precedido no escenario polo dúo de Brooklyn This Frontier Needs Heroes, practicantes dun folk máis intimista no que os xogos vocais entre el e máis ela conseguen empañar cristais e facer suspirar ó ouvinte. Veñen presentando o seu primeiro disco homónimo que abre con este tema:

Estarán pisando os seguintes escenarios:
Sábado 08 de Outubro - Ourense. Cafe Pop Torgal. 22:00 h.
Domingo 09 de Outubro - Bueu. Bar Labranza. 22:00 h.

No hay comentarios: