martes, 27 de septiembre de 2011

Sinsal Outono 2011: as follan caen para arriba.

O  festival Sinsal prepara unha nova edición con varias actuacións programadas para este outono que vén de comezar. Cunha proposta aberta e cargada de atraíntes artistas, as tres actuacións que se celebrarán utilizan tres linguaxes ben distintas e as tres resultan de impacto para o espectador.

Chrome Hoof é unha incrible e amplísima banda inglesa cun són que quizais se podería definir coma Grace Jones, George Clinton e Fela Kuti nunha xuntanza nun antro do Londres máis subterráneo onde vale de todo con tal que a túa cabeza se separe do teu corpo e vaia en dirección ó espazo. Funk, disco, psicodelia, futurismo, poder feminino, poder masculino, xestualidade e exhuberancia. Podes ver unha mostra do seu alucinante directo nestas imaxes:
Os Bardo Pond son unha lexendaria formación norteamericana de space rock que comezaron hai vinte anos partindo duns preceptos similares aos doutros contemporáneos seus coma My Bloody Valentine ou Spacemen 3, cada un coa súa particularidade, neste caso, drones, feedbacks, reverbs, fereza e white noise son as bases do són que ofrece esta agrupación que en formación de sexteto nos visitan nesta ocasión para unha nova sesión das súas exploracións sónicas.
Finalmente, as Nisenenenmondai marcarán o peche a esta programación. Un trío de xaponesas que lles encanta situar os prefixos kraut e free diante da verba rock. DNA, Neu! ou Pere Ubu poderían ser tres froitos a exprimir para obter este zume de polirritmia nu-disco. Se na súa lista de fans se atopan Prefuse 73, Battles ou Hella e te preguntas o por que, a resposta é sinxela: quedas parvo de todo. Ademáis, vannas acompañar os Das Kapital, unha formación para soñar espertos, dos que pouco máis temos que dicir que o que xa dixemos nesta anterior entrada. Dobre oportunidade para escoitar e ver dous verdadeiros diamantes sonoros.

As actuacións desenvolveránse nas seguintes datas e lugares:
VENRES 28/10 CHROME HOOF, Marco, Vigo. 21:00 h. 10 euros
LUNS 31/10 BARDO POND, Marco, Vigo. 21:00 h. 10 euros
SABADO 5/12 NISENNENMONDAI + DAS KAPITAL (tbc)

No hay comentarios: