Este vindeiro venres 9 de setembro temos
preparado un tremendo happening con dous grupallóns que van encher os vosos
espíritos e almas.
Como representantes locais estarán Fantasmage facendo soar os temas que veñen de grabar hai un mes, que son tan bos que dan
ganas de convertelos en himnos, e dende Milladoiro Metralletas Lecheras volverán
dar outro recital máxico dos seus, pero moito máis que os de Anthony Blake,
aquí a maxia non é imaxinaria, é real, flipa!
Deseño de Zé Pequeno |
O de Fantasmage vai só coas voces e tocando
guitarra e batería, así dous tíos e a saco, porque son uns rapaces moi
poderosos e só con iso xa fan petar de pracer a quen os escoita. Ademáis,
atención nenas (e nenes), son guapísimos!!!!
Os Metralletas tan guapos non son, o que pasa é teñen máis
pelo, buff, e moito, e se lembras que onde hai pelo hai alegría (ou ledicia e
jolgorio) entón eres alguén con cabeza, e se tés cabeza de seguro vas querer
perdela, e eles vanche axudar, niso consiste este proxecto, en axudar a perdela
cabeza ós ouvintes. Cantan mellor que Julio Iglesias e tocan mellor que Rayito,
Clayderman e o batería de Maná todos xuntos. O seu disco é unha cousa tan boa
que parece que Pelegrín lles ensinou os trucos.
Será ás 23:30h. en La Iguana Club, Na porta entregarás 5 euros como
ofrenda santoral e despois dentro poderás entregarte en corpo e alma á tolemia
xeral.
P.d.: Acábame de chamar Tita Cervera, di que vai vir e trae
ás súas amigas máis golfas, ay mimá!!!
1 comentario:
o 5% por cento dos bolos de metralletas para este blogue! o digo eu que son o batería!
Publicar un comentario