Este sábado continúa o ciclo Atardeceres no Gaiás da Cidade da Cultura de Santiago de Compostela coa actuación de Bomba Estéreo, que traen o seu combinado de rítimica colombiana, dub e maquinaria electrónica. Despois de ser unha das sensacións do Sónar Barcelona do ano pasado esta vez veñen para facer vibrar as paredes dos edificios do Gaiás e os corpos dos que ata alí se acheguen.
Sendo unha das formacións de referencia agora mesmo da nova música latinoamericana e que o ano pasado ofreceu máis de 60 concertos por Europa, Asia, Estados Unidos e América Latina é un privilexio telos por aquí para poder disfrutar de seu directo.
Estalla (ou Blow Up, como se publicou no mercado ianqui) é o segundo disco de Bomba Estéreo, publicado no 2009. Actualmente traballan en novas composicións para o seu novo traballo discográfico, algunhas delas caerán na noite de mañá no incomparable marco da Cidade da Cultura, dará comezo ás 21;00 horas. Lume!!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario