Nome xermano para unha formación compostelá. Poesía e vangarda, expresión máxima dos adentros. O pobo sempre tén a obriga de se expresar, e máis aínda nos tempos convulsos.
Das Kapital "chama a decidir se queremos facer parte do problema ou queremos facer parte da solución". O ouvinte debe decidir e actuar.
O Leo pón a súa inconfundible voz, o poeta e xornalista
Dani Salgado as bases, o compositor e arreglista
Marcos Paino os sintetizadores,
Chou e
Tomás Ageitos as guitarras e seu irmán
David encárgase das percusións nunha agrupación con ideoloxía propia, que tira a dar, con intención e con liberdade.
Popol Vuh no ano 2011 poderían soar así, sen dúbida, dando voz ós espíritos libres e mirando cara adiante cunha volta ó pasado que se expresa na linguaxe do seu tempo.
Cabaret Voltaire e
Programme,
Os Resentidos e
Golpes Bajos. Todos xestaron o embrión no concerto homenaxe a Radio Océano no que naceron
Das Kapital.
Lois Pereiro construiu unha
autobhan dende o máis profundo de
Galicia ata
Berlín e as cintas que escoitaba sonaron nos ensaios.
O factor humano e o canto contra o progreso,
Narcisismo e a súa revisión da adaptación que a formación coruñesa fixo do poema do autor de Monforte, todos e cada un dos temas que compoñen este disco atacan ó pescozo de quen escoita, e fano non para debilitalo, senon para espabilalo e bota-lo a andar. E o mellor de todo é que os temas soan ademáis sorprendentemente pegañentos e disfrutables.
Neste momento, se o mundo fose mundo,
Das Kapital serían a música que máis soase nas radios libres, nas acampadas dos indignados e nas redaccións das publicacións de vangarda. Sen nada que envexar a ninguén e cunha linguaxe verdadeiramente propria, constrúen, como
Einsturzende Neubauten, dende a destrucción, e sen medo ningún fan que o que ofrecen teña un valor incalculable, estamos ante unha obra que podería deixar unha grandísima pegada nas nosas conciencias e no noso futuro como persoas con conciencia.
Dispoñible para todo aquel que queira participar dos seus plantexamentos
aquí.