Esta vindeira fin de semana celébrase en Chantada a 2ª edición do
Festival Independente de Chantada. O sábado 13 de Agosto pasarán pola vila luguesa algunhas das formacións máis interesantes do panorama galego actual, ademáis da presencia de
Capitán Entresijos dende Madrid. Así poderemos disfrutar de bandas como
Diadermín,
Metralletas Lecheras,
Le Cûl e ata un total de sete formacións. Tamén se proxectará o documental "
Los Borbones" no que se conta a vida e obra destes xa lexendarios monstros de música primitiva, e por se fora pouco haberá tamén pinchadas de garage beat e techno de Detroit.
FiCH 2011. from FiCH on Vimeo.
O programa enteiriño telo aquí:
Sábado 13 de Agosto
19:00 a 21:00 concertos de DIADERMIN e ZOOFILIA-A-A.
23:00 a 06:00 concertos de AURELIOS RAUM, METRALLETAS LECHERAS, LE CÛL, CAPITÁN ENTRESIJOS e LOS SANTOS.
- Pinchada a cargo de:
JJ (Garage, Beat, 50's, 60's)
Jonh Terrier (Detroit, Techno, Minimal Techno,..)
- Proxeción do documental: "Los Borbones"
#Os concertos de DIADERMIN e ZOOFILIA-A-A terán lugar na rúa do centro.
#O resto do festival terá lugar na Sala Mogay (rúa Doutor Fleming).
ENTRADA: 5€
No hay comentarios:
Publicar un comentario